A Domus acollerá unha conferencia sobre as escavacións do Castro de Elviña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que mañá, xoves 12 de xuño, ás 20.00 horas, a Domus acolle unha conferencia sobre as escavacións do Castro de Elviña. A entrada é libre e gratuíta.

Fidel Méndez Fernández, arqueólogo e director das escavacións do Castro de Elviña, ofrecerá a conferencia titulada “Elviña 2013: resultados da campaña de escavación”. A charla abre un ciclo de conferencias que se celebrarán na Domus nas próximas semanas, cuxo fío argumental será o Castro de Elviña, a través da visión de profesionais da arqueoloxía.Este ciclo de conferencias se organizacon motivo da exposición “A cerámica castrexa en Galicia”, que presenta unha colección de réplicas de cerámicas procedentes dunha vintena de xacementos de castros galegos, incluíndo o Castro do Elvira da Coruña.

11 de xuño de 2014 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.