A Domus acolle unha conferencia con motivo da exposición ‘A cerámica castrexa en Galicia’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellaría de Cultura informa de que o vindeiro xoves, 26 de xuño, ás 20.00 horas, terá lugar na Domus a conferencia Noticias desde o extremo Occidente: os ártabros nas fontes greco-latinas. A actividade é de entrada libre até completar o aforamento.

Francisco Javier González, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, dará a súa visión da importancia na antigüidade do territorio ártabro no noroeste peninsular a través da súa presenza nos textos clásicos. A charla forma parte dun ciclo de conferencias que se celebran na Domus con motivo da exposición A cerámica castrexa en Galicia, que presenta unha colección de réplicas de cerámicas procedentes dunha vintena de xacementos de castros galegos, incluíndo o Castro do Elviña da Coruña.

24 de xuño de 2014 | 12:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.