A Deputación de Pontevedra contrata obras de limpeza e desbroce en 60 estradas provinciais por 742.260 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra convocou hoxe o anuncio de contratación de obras de desbroza en 335 quilómetros de 60 estradas provinciais por un importe total de 742.260 €, divididos en 3 lotes.

Os citados lotes corresponden ás estradas incluídas nas zonas norte, centro e sur da provincia. Cada un deles ten un orzamento de licitación de 247.420 euros e inclúe a limpeza e desbroza do entorno das devanditas estradas dende o punto de vista do drenaxe. Este concurso hoxe anunciado verase complementado con outro plan de máis de 2 millóns € para reforzar e axeitar o firme, sinalizar, etc.

A través do concurso hoxe convocado limparanse cunetas e marxes das estradas, rozando a vexetación que dificulta o tránsito polas beiravías e limita a visibilidade de peóns e tráfico rodado. Ademais, realizaranse labores de perfilado das cunetas, desatascaranse as canalizacións e retirarase a broza, terra e restos de vexetación que se acumula nas beiravías e nos canles de recollida de augas.

As empresas interesadas en participar no concurso hoxe convocado poden presentar as súas ofertas no prazo de 26 días naturais a contar dende mañá. As ofertas presentadas serán abertas o décimo quinto día seguinte ao de remate do prazo sinalado para presentar ofertas.

6 de xuño de 2014 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.