A Deputación de Ourense inicia os traballos de mellora e mantemento das estradas municipais do Carballiño
Unha vez finalizado a listaxe de estradas municipais no Carballiño, por parte dos técnicos da Deputación, e no que se recolleron todas as estradas, estado das mesmas, necesidades e puntos críticos, chegou a quenda de iniciar xa os traballos nas mesmas. Estes traballos realizásense en tres fases.
Nunha primeira fase, a que comezará nos próximos días, centraranse na limpeza, rozas e delimitación das cunetas desta rede viaria municipal. En concreto actuarán sobre 40.000 metros lineais. Esta primeira fase é imprescindible para acometer con garantías a segunda fase, a de arranxo de firme desas estradas. Tal e como apuntaba o edil de Obras Magín Daparte “é necesario contar cunhas cunetas en bo estado, para que o arranxo do firme se efectivo e duradeiro, xa que si as cunetas non se atopan en bo estado, vertiendo auga nas épocas de choiva, sobre a calzada, esta deterioraríase novamente en pouco tempo”.
A última fase deste proxecto que xa está en marcha será a sinalización, tanto vertical como horizontal, en toda a rede de estradas municipais, así como a colocación das medidas de seguridade nos puntos críticos das mesmas, tales como biondas, etc.
Este proxecto está enmarcado no convenio asinado entre Deputación e Concello, co fin de arranxar a rede viaria municipal e, o que é máis interesante aínda, ofrecer un mantemento da mesma para evitar continuas acometidas e , por conseguinte, molestias aos veciños e usuarios da mesma.











