publicidade hoxe

A Deputación de Lugo mellorou os accesos a núcleos rurais e parcelas agrogandeiras de Becerreá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáLugo
A-
A+

O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, supervisou obras executadas en parroquias de Becerreá co financiamento do organismo provincial. Trátanse de melloras nos accesos públicos a núcleos rurais e parcelas agrogandeiras, nas que a institución investiu 36.000 euros, beneficiando ós 180 veciños da zona.

Os traballos foron os seguintes:

– Chao do Monte. Trátase dun núcleo rural que conta con 20 habitantes, que se adican ó sector agrogandeiro. A Deputación arranxou con aglomerado en quente e sinalización as comunicacións públicas que fan de acceso ás explotacións e parcelas agrícolas da zona.  
– Herbón. Parroquia cuns 90 veciños, onde se aglomerado en quente e sinalizou a principal vía pública que fai de acceso a este núcleo.
– Nantín. A institución mellorou os camiños públicos que conectan ás vivendas das 70 persoas que residen nesta parroquia.

Asociacións veciñais destes núcleos solicitaron á Deputación estas actuacións a través do Plan de Comunidades Veciñais. Cada unha das obras conta cun orzamento de 12.000 euros da institución.

Estes traballos mellorar a calidade de vida da xente do rural e facilitan o traballo no campo. Son os propios veciños os encargados da contratación destas obras á empresas da zona, favorecendo o mantemento de postos de emprego.

4 de xuño de 2014 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.