publicidade hoxe

A Deputación da Coruña sumouse á X Festa do Deporte de Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBoiro
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitou esta mañá, coincidindo coa celebración da Festa do Deporte 2014, as novas bancadas cubertas dos campos de fútbol de Vista Alegre financiadas cunha achega da institución provincial.

A obra forma parte dun convenio entre ambas as administracións polo que a Deputación destinou 71.828 euros para subvencionar o 80% da obra, cuxo orzamento total sumou 89.781 euros.

Grazas a este investimento puidéronse demoler as antigas bancadas, que se atopaban en avanzado estado de deterioración e impedían a visión a ambos os lados do campo, e construír unhas novas estruturas cubertas e con asentos individuais.

En total, estas novas gradas teñen unhas dimensións de 42 metros de longo por 5,5 de profundidade o que se traduce nunha capacidade para 400 persoas.

Durante a visita o alcalde agradeceulle á Deputación a súa contribución para mellorar este servizo aos usuarios do recinto. Pola súa banda Diego Calvo alegrouse de ver o uso que se lle dá a este tipo de instalacións e, por iso, resaltou que “os  mellores investimentos son os que se destinan ao uso de todos os veciños en calquera concello”.

2 de xuño de 2014 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.