A Deputación da Coruña apoia con 173.000 euros o arranxo da cuberta do mercado municipal de Pontedume
O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou esta mañá co alcalde de Pontedeume, Gabriel Torrente, o convenio de colaboración para o financiamento das obras do mercado municipal. A achega provincial, que suma 173.615,17 euros e que supón o 59,1% do orzamento total, vai destinada á reparación da cuberta do edificio, xa substituída cunha estrutura e materiais similares aos que tiña debido ao deficiente estado de conservación que presentaba.
Así, os elementos estruturais son de madeira de carballo macizo, as baixantes de pluviais son de cinc e, para mellorar as condicións estéticas do conxunto, o falso teito foi realizado a base de paneis de yeso. Están rematados en cor branco e colocados entre as correas de madeira, pintadas de verde, de xeito que quedan á vista.
Tras a sinatura do acordo, Calvo e Torrente visitaron as obras do mercado, onde se está a realizar un estudo arqueolóxico previo á redacción do proxecto definitivo. Actualmente o mercado funciona nas lonxas de Raxoi, rehabilitadas e adaptadas como instalacións provisionais grazas tamén á axuda da Deputación.