A coral polifónica El Eco acompañará aos protagonistas da ópera Cavallería Rusticana no Teatro Colón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

O sábado 14 ás 20.30 horas volve a ópera ao Teatro Colón con Cavallería Rusticana. Unha obra de Pietro Mascagni e baixo a dirección escénica de Esteban Tettamanti na que acompañarán aos cantantes a Coral Polifónica El Eco e o ensemble lírico Claudio Abbado.  

Cavallería Rusticana  é unha das óperas máis representadas a nival mundial, trátase dunha peza nun acto dunha duración aproximada de 75 minutos. ‘Es una ópera de gran contundencia tanto musical como escénica’ afirma Tettamanti – produtor e director de escena-. Cun elenco de primeira fila encabezado pola soprano rusa Svetlana Bassova e os barítonos Luis Alberto Ginés e Andrés del Pino.

Contan ademais co respaldo do ensemble lírico madrileño ‘Claudio Abbado’ e da Coral Polifónica ‘El Eco’ presidida por Carlos González Garcés quen afirmou que a coral non dubidou en aceptar esta colaboración ‘la coral cumple 133 años con un bagage muy importante. La calidad de la propuesta está garantizada tanto por el director de la coral, Pedro Martínez Tapia, como por la orquesta y los intérpretes’. Cavallería Rusticana é un thriller ambientado nun pobo de Italia pero que facilmente se podería trasladar a España. Unha explosiva versión na que quedan en evidencia sentimentos tan humanos coma o amor, o odio, a vinganza e o sufrimento, sostidos de xeito maxistral pola marabillosa música de Mascagni.

Os boleros de Café Quijano

Despois de que o ano pasado presentasen o disco Orígenes: El Bolero volve Café Quijano para presentar o seu segundo traballo de aproximación a este imperecedeiro xénero, Orígenes: El Bolero, Volumen II. O concerto será este venres 13 ás 21.00 horas.

Manuel, Óscar e Raúl Quijano esperan obter con este trabalo o mesmo éxito que lles deu o primeiro, co que conseguiron o disco de platino e realizaron máis de 60 concertos por toda España esgotando todas as entradas.

As entradas pódense  adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural Novacaixagalicia, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Os espectadores poden adquirir tamén nos despachos de billetes do Teatro Colón, do Centro Sociocultural Novacaixagalicia e na web de Servinova a Tarxeta Teatro Colón, un programa de abonados con innumerables vantaxes como descontos nunha trintena de locais comerciais da Zona Obelisco ou no hotel NH Atlántico.

11 de xuño de 2014 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.