A Copa da Mariña tivo como protagonista á ED Burela FS

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

A Copa da Mariña tivo como protagonista á ED Burela FS que fixo pleno de finais en todas as categorías; benxamín, alevín, infantil e cadete. As categorías de base do club laranxa proclamáronse campións en benxamíns e cadetes, mentres que os alevíns e infantís alcanzaron o subcampionato. Nas finais viviuse un continúo enfrontamento con laurentinos e mindonienses, cun saldo de dous triunfos para o ED Burela FS e dous para o ED Lourenzá-Mondoñedo.

Campión Copa da Mariña. Categoría Benxamín.

ED Burela FS: Alejandro Bermúdez, Noel, Anxo, Lucas, Pablo, Pedro, Alejandro Altamirano, Martín, Miguel, Manuel, Javi e Yago.

Adestrador: Benito Repiso. Delegado: Santiago Ares

Subcampión Copa da Mariña. Categoría Alevín.

ED Burela FS: Gustavo, Pablo, Jorge, Nico, Isaac, Diego, Antonio, Pol, Alex, Anxo, Dani, María, Edmilson, José Carlos e Hugo.

Adestrador: Carlos Moreno. Delegado: Andrés Vizoso, Xebi Bassa.

Subcampión Copa de A Mariña. Categoría Infantil

ED Burela FS: Jose, Luismi, Sergio, Rubén, Álvaro, Adilson, Luka, Nito, Óscar e Víctor.

Adestrador: Brenan Rivas. Delegado: Mario Pillado

Campión Copa de A Mariña. Categoría Cadete

ED Burela FS: Vilarino, Mamadou, Mini, David, Aitor, Chiki, Aarón, Kaká, Pitero, Xosé e Noé.

Adestrador: Christian Gómez. Delegado: Javi Celes

Resultado das categorías base

Final Campionato Galego. No encontro de ida da final xuvenil, o Burela Pescados Rubén caeu derrotado pola mínima (4-3) no feudo do 5 Sala Coruña FS nun duelo que os bureleses lograron empatar en tres ocasións, a maior pegada dos coruñeses decantou o partido a falta de vinte segundos. O vindeiro fin de semana dilucidarase o campión.

Burela Pescados Rubén: Marcos, Cora, Renato, Rafa, Riveiro -cinco inicial- Aarón, Mini, Chiki, Mamadou, Borja. Os goles laranxas foron obra de Renato, Cora e Rafa. 

Semifinal Copa Galega Cadete. Os cadetes deron un gran paso para acceder á final coa súa vitoria (2-4) na pista do IES Coruxo FS. A escuadra mariñá mostrouse superior durante todo o encontro e únicamente a falta de acerto na definición impediu sentenciar o pase á gran final que se decidirá o vindeiro fin de semana.

Burela Pescados Rubén: Luismi, Chiki, Kaká, Mamadou, Aitor -cinco inicial- Aarón, Mini, Xosé, Vilariño, Pitero. Os goleadores foron: Kaká, Mamadou (2), Chiki.

16 de xuño de 2014 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.