A concelleira pontevedresa Carmen Fouces visita os cursos de TICs que imparte Muller en catro parroquias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A concelleira de Muller, Carmen Fouces visita esta tarde, a partir das 17.30 horas o curso de Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC´s) que se está a organizar en catro parroquias. Este curso busca diminuír a fenda dixital que hai entre homes e mulleres, especialmente no ámbito do rural.

Os cursos iniciaron no mes de marzo en Salcedo, Ponte Sampaio, Bora e Tomeza sobre o uso básico de internet.

Para poder impartilos, a Concellaría trasladou ordenadores portátiles a cada local social onde se celebraron para celebrar as sesións, e despois recollelos até a vindeira clase. Os cursos tamén tiñan o problema da forza do sinal que había en cada parroquia.

A pesar desta complicada intendencia, a Concellaría considera un éxito o resultado dos cursos que están a rematar estes días. Tal é así, que xa está a traballar en continuar coa actividade de cara ao vindeiro curso, pero en parroquias distintas á desta primeira edición.

12 de xuño de 2014 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.