A comparecencia do avogado na Comisión Informativa Especial noncustará nada ao Concello de Monforte
O alcalde de Monforte non comprende cales son as intencións da voceira do Partido Popular, Julia Rodríguez, cando afirma que a comparecencia do avogado Carlos Hernández na Comisión Informativa sobre a concesión do servizo da auga podería acarrear un “gasto innecesario”.
Severino Rodríguez indica que na derradeira reunión da Comisión, na que estivo a voceira do PP, díxose claramente que esta persoa non cobraría por asistir á próxima reunión da Comisión co obxecto de informar sobre os datos que pudo recabar no que se refire á relación entre o Concello e Aqualia.
Severino Rodríguez manifesta qué, se en cuestións tan simples e que quedan absolutamente claras, a voceira do PP fai interpretacións en sentido contrario, qué sucederá cando se chegue a cuestións máis complicadas e que poidan ser obxecto de diferente interpretación.
O alcalde tamén sinala que habería que preguntarlle a Julia Rodríguez se os comparecentes que pensa citar o Partido Popular xa lle manifestaron a súa intención de cobrar, xa que só así se entenderían as súas palabras respecto da comparecencia do avogado Carlos Hernández.











