A Comisión Informativa Especial sobre a concesión de Aqualia reuniuse en Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Na tarde de onte reuniuse no Concello a Comisión Informativa Especial sobre a concesión á empresa AQUALIA do servizo de abastecemento de auga e saneamento.

Á reunión asistiron tódolos integrantes da Comisión: Severino Rodríguez, Mª Xosé Vega, Pilar López e Antonino Luaces polo BNG; Julia Rodríguez, José Manuel Puga e Purificación Argiz polo PP; e José Tomé e Gloria Prada polo PSOE.

O secretario municipal entregoulles un documento recompilatorio das obrigas da empresa Aqualia respecto da oferta que tiña realizado para optar á concesión do servizo de abastecemento de auga e saneamento.

Os integrantes da Comisión decidiron que este mesmo documento se entregase ós técnicos municipais para que informasen sobre os posibles incumprimentos da empresa respecto das súas áreas. Os técnicos que deberán presentar estes informes son os de Medio Ambiente, Servizos Municipais, Intervención e Aparellador.

A Comisión tamén acordou volver reunirse o vindeiro luns día 9 de xuño ás 18:00 horas. Nesta reunión participará o avogado Carlos Hernández para informar sobre os datos que el pudo recabar no que se refire á relación entre o Concello e Aqualia en base á documentación que manexou nos últimos anos.

A seguinte reunión da Comisión Informativa celebrarase o luns día 16 ou o luns día 23, data a concretar na reunión que celebrarán o día 9 de xuño e que tamén dependerá da elaboración dos informes solicitados ós técnicos municipais.

3 de xuño de 2014 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.