A comisión en defensa do partido xudicial de Monforte reunirase o 10 de xuño
Na reunión celebrada o pasado día 12 de maio na Casa do Concello de Monforte, representantes de partidos políticos, sindicatos, asociacións veciñais e profesionais da xustiza, manifestaron o seu rexeitamento á supresión do partido xudicial de Monforte e decidiron crear unha comisión que traballe a prol do mantemento do mesmo.
Entre as encomendas desta comisión figura elaborar unha declaración conxunta sobre a supresión do partido xudicial e convocar unha asemblea informativa para difundir entre a veciñanza da comarca as consecuencias que tería a citada supresión.
A comisión, integrada por persoas dos distintos colectivos que asistiron á reunión, xuntarase o vindeiro martes día 10 de xuño ás 20:00 h. na Casa do Concello.
A esta reunión foron convocados os voceiros dos tres grupos políticos da Corporación Municipal, así como representantes de ANOVA, dos sindicatos CC.OO, UGT e CIGA, dos profesionais da xustiza e de asociacións veciñais.











