A comedia “Vaia tropa!” represéntase no Centro Cívico de Caranza
A programación de xuño do ciclo de teatro afeccionado “Domingos a Escena” da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, pecha este domingo día 29 coa actuación do grupo de teatro ferrolán “Ad Libitum”, que porá en escena a obra “Vaia Tropa!” no Centro Cívico de Caranza. A función dará comezo ás 19 horas e será gratuíta.
Esta comedia de enredo trata sobre un matrimonio feliz que ve perigar a súa convivencia polas malvadas estratexias das súas nais que queren separalos. As nais consideran que a diferenza de idade na parella pode ser un seguro fracaso matrimonial.











