‘A chave máxica’ chega á Biblioteca de Verín
O vindeiro venres 06 de xuño, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘A chave máxica’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos, onde as chaves serán as protagonista á hora de abrir as portas do misterio, e como manualidade un chaveiro de goma eva onde cada neno/a seleccionará a forma do mesmo -os/as participantes deberán traer goma eva e unha anel de chaveiro-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.











