A CEP enxalza a lealdade de Juan Carlos I e a preparación do futuro Felipe VI

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) valora a decisión do Rei de abdicar a coroa como un acto de xenerosidade e, sobre todo, de lealdade a España.

“Tivemos un bo rei, ao que debemos a estabilidade democrática e o progreso tras unha difícil transición, e teremos un gran rei, cunha preparación inmellorable, sempre en contacto coa realidade e unha total disposición por defender os intereses dos empresarios españois ”, opina Luís Novoa, presidente da CEP, quen lembrou que o pasado 21 de marzo SAR o Príncipe de Asturias recibiu a Medalla de Ouro da Confederación.

2 de xuño de 2014 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.