A Casa da Cultura de Neda acolle o espectáculo “La Farmacia de Chejov”
O Concello de Neda invita á veciñanza a asistir ao espectáculo “La Farmacia de Chejov”, da compañía Mu Teatro. Actividade cultural que se levará a cabo este venres, 13 de xuño, a partires das 20,30 horas na Casa da Cultura. O prezo das entradas é de dous euros.
O espectáculo divídese en dúas partes e, entre unha e outra, haberá un descanso. Na primeira entrega, o actor Ángel Simón interpreta unha versión de relatos ou contos humorísticos: El Vengador, Un Informe ou El Señor Gordo. Na segunda, Eudosio Ramírez Crec pronuncia a súa Conferencia sobre el tabaco, composto en 1886. Trátase dun monólogo dramático que, pola universalidade da súa forma e pola intensa humanidade dos seus contidos, segue a espertar un vivo interese no público actual. Dise que esta obra, máis que humorística, fan reír de pena ou chorar da risa.











