publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Carpa Xplora Xuventude visita Valdoviño e Narón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarónValdoviño
A-
A+

A Carpa Xplora Xuventude desprazarase hoxe ata Valdoviño e Narón co fin de achegar aos mozos e mozas os recursos e programas dirixidos á mocidade, e de facilitar asesoramento por parte de técnicos especializados a aqueles que estean interesados.

No caso de Valdoviño, a carpa estará presente entre as 10,00 e as 13,00 horas. Estará situada no CPI de Atios. Pola súa banda, en Narón a carpa abrirá pola tarde, desde as 18,00 e ata as 20,00 horas, e estará situada na casa da mocidade.

Co seu desprazamento a Valdoviño e Narón, iníciase a campaña informativa Xplora Xuventude deste ano. O obxectivo desta iniciativa é de achegarse aos mozos e mozas a pé de rúa, aproveitando eventos con gran afluencia de público mozo.

A campaña prolongarase por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.

Cabe destacar que ademais de información de interese, estas carpas pretende ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.

6 de xuño de 2014 | 12:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.