publicidade hoxe

A Cañiza inaugurará o 4 de xullo o I Encontro Mundonatura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

Un excepcional paquete de vacacións alternativas para gozar da natureza da nosa Vila durante os días 4 ao 11 de xullo de 2014, organizado polas fundacións Eomaia de Vigo e Mundonatura da Cañiza.
 
Lucía Titán e Patricia Álvarez da Fundación Eomaia e José Antonio Martínez Novas en representación da Fundación Mundonatura son os promotores deste evento e da web http://www.paradantaesvida.comen a que os interesados poderán consultar toda a información relacionada con este 1º Encontro.
 
O obxectivo que perseguen as dúas Fundacións organizadoras coa posta en marcha desta innovadora iniciativa é “dar a coñecer os beneficios da Cañiza como lugar no que o medio ambiente é un motivo de saúde”.

QUE É O 1º ENCONTRO MUNDONATURA A Cañiza 2.014

En palabras dos seus organizadores, é un encontro de 8 días de vacacións alternativas en plena natureza cañicense preparado exclusivamente para “saborear e experimentar a vida a través da auga, o aire, o silencio, con talleres de alimentación,  arte,  danza, o espazo persoal,  música, a natureza e o lecer”. Mundonatura A Cañiza é unha oportunidade de encontro coa natureza máxica e  viva de Galicia, en concreto da comarca do Paradanta e da Cañiza. Un lugar especial debido á pureza das súas augas e do seu aire sanador.

Mundonatura A Cañiza son unhas amenas vacacións educativas para o corpo e para a mente onde o visitante poderá elixir de entre un selecto e amplo abanico de actividades que permitirán exteriorizar libremente vivencias, inquietudes e sentidos. Conferencias, ioga, ayurveda, masaxe shiatsu, biodanza, danzas do mundo, mandalas, Sanación, gongs e cuencos tibetanos, camiñar consciente… e moita MÚSICA e tamén outras actividades como excursións ás pozas, termas e piscina naturais,… e todo iso pódese combinar elixindo os talleres ou actividades que sexan máis atrayentes .

Na web http://www.paradantaesvida.com, pódese profundar nos contidos, datas e no selecto e completo programa para estes 8 días de vacacións que poden ser familiares, preparadas e pensadas para todas as idades, onde se tiveron en conta todas as preferencias. O paquete completo ten un custo de 190 €uros cun desconto de 55 €uros si se reserva e realízase a inscrición antes do 30 de maio.

Ademais para aquelas persoas que non desexen adquirir a oferta completa pero si teñan interese en participar o fin de semana, ou algun dia en concreto tamén se lles ofrece esta posibilidade.

E como do que se trata é de axuntar sinerxías e conseguir que os veciños, turistas e visitantes anímense a participar neste encontro, Mundonatura ofrece tamén unhas actividades abertas a todo o público.

Unha exposición de fotografía e sons da natureza do Paradanta aberta durante eses días no Edificio Comarcal da rúa Silleda e un ciclo de conferencias sobre saúde, sobre os elementos e sobre a influencia do medio ambiente na saúde. Todas as conferencias desenvolveranse na Casa de Cultura da Cañiza e contarán coa participación dun selecto e experimentado grupo de profesionais do mundo da saúde e do medio ambiente. As entradas para participar nestas xornadas abertas estarán a disposición do público nos centros comerciais da Cañiza así como na Biblioteca Municipal.

AS FUNDACIÓNS ORGANIZADORAS

A Fundación Eomaia de Vigo traballa para a Comunidade en aras de favorecer a saúde e o acompañamento nas etapas vitais da vida combinando distintas terapias e a Fundación Mundonatura ten como obxectivo a protección do medio ambiente e a divulgación da saúde relacionada coa natureza.

30 de xuño de 2014 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.