publicidade hoxe

A Cañiza contará cunha sesión informativa sobre aforro na factura de electricidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

Ao longo do mes de xuño, a Unión de Consumidores de Galicia – UCGAL, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e distintos concellos da provincia pon en marcha un programa de información cuxo obxectivo é proporcionar aos usuarios a información precisa para obteren o maior aforro posible na factura da electricidade.

Así, abordaranse cuestións relacionadas coas modalidades de contratación no mercado regulado e libre, as distintas tarifas, a potencia contratada e o equipamento do fogar.

Ademais incidirase nos cambios normativos que afectan aos sistema de facturación e familiarizarase aos asistentes co novo modelo de factura que será obrigatorio no mercado regulado a partires do 1 de outubro. A charla terá lugar o 27 de xuño no Salón de Plenos do Concello da Cañiza ás 20.00 h.

 

23 de xuño de 2014 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.