A campaña Máis que comercio! no CCA Ourense norte elixe á tenda de moda Candela como a súa favorita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Entrega de diploma á persoa responsable da tenda de moda Candela

Entrega de diploma á persoa responsable da tenda de moda Candela

Os participantes na iniciativa da Consellería de Economía e Industria Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que se desenvolveu durante todo o mes de maio nos establecementos asociados ao CCA Ourense Norte, elixiron como o seu comercio favorito a tenda de moda Candela, situada no barrio da Ponte.

Este negocio, posto en marcha en 2006 e que vende roupa e complementos, foi o que máis clicks recibiu en www.maisquecomercio.com, web na que os clientes podían participar nun xogo en liña por cada 5€ de compra e optar a diferentes premios ao tempo que elixían o seu comercio preferido.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, foi a encargada de entregar hoxe o diploma ao establecemento máis votado nun acto no que tamén se entregaron os agasallos aos clientes gañadores.

Vázquez Abeal salientou que, ademais de resaltar o traballo dos centros comerciais abertos, Máis que comercio!, que está a percorrer Galicia durante todo o ano, celebrándose cada mes en cinco CCAS, ten por obxectivo destacar os valores do comercio de proximidade, como son a calidade, o trato ao cliente ou a variedade, ao tempo que se realza o traballo dos centros comerciais abertos.

11 de xuño de 2014 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.