A biblioteca municipal de Arcade ofrece dous talleres infantís de idiomas durante o verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

A Biblioteca Municipal Luís Seoane de Soutomaior non pecha durante o verán. As súas actividades culturais continúan durante o período estival con dous obradoiros de idiomas para nenos de entre 5 e 13 anos. Uns talleres cos que, de maneira lúdica e divertida, preténdese espertar o interese dos pequenos polos idiomas ademais de mellorar a súa capacidade de expresión. O prazo para inscribirse comeza o mércores 1 de xullo até cubrir prazas. A actividade comezará o 8 de xullo até o 28 de agosto. Ademais a Biblioteca Municipal conta este ano coa novidade de ampliar o seu horario. Durante o verán as súas portas estarán abertas todos os días de 09:00 a 14:00 horas e os martes e xoves de 17:30 a 20:00 horas até o 10 de setembro.

Contos, xogos, libros, películas, poemas… toda vale para facer máis divertido o aprender idiomas. Durante os obradoiros os nenos gozarán de todo o que máis lle gusta, pero noutro idioma. A intención é facilitar o seu acceso e aprendizaxe a través de actividades cotiás, que lles permitan practicar no día a día.O taller de inglés conta con 20 prazas dispoñibles, polo que os alumnos que o soliciten dividiranse en dous grupos segundo a súa idade. Aqueles que teñan entre 5 e 7 anos asistirán os martes entre as 10:00 e as 11:00 horas, mentres que os de 8 a 10 anos farano os xoves, tamén de 10:00 a 11:00. O taller comezará o 8 de xullo até o 28 de agosto.O taller de francés conta cun só grupo de iniciación para nenos de entre 11 e 13 anos. Dará comezo o 9 de xullo até o 25 de agosto e terá lugar todos os luns desde as 10:30 até as 11:30 horas.

Os obradoiros de idiomas teñen unha cota máxima de dez acodes para cada un do tres grupos establecidos. Para participar é necesario cubrir a solicitude na biblioteca e abonar os 30 euros que ten de custo o taller. Só se admitirán dúas solicitudes por persoa, que se adxudicarán por estrita orde de chegada.

Reserva de prazas nos obradoiros de idiomas durante o inverno

Do mesmo xeito, o 1 de xullo tamén comeza o prazo para reservar as prazas nos obradoiros de inglés e francés,tamén organizados pola biblioteca, que se desenvolverán desde o mes de outubro até xuño do 2015.

No caso do taller de inglés estableceranse tres grupos por idades con horarios diferentes. Para os nenos de 8 e 9 anos, grupo “FOX”, o taller terá lugar os xoves de 16:30 a 17:30. Ese mesmo día tamén será a quenda do grupo “English +”, con alumnos de 10 e 11 anos, desde as 17:45 até as 18:45 horas. Os integrantes do grupo “More English”, os mozos de 12 e 13 anos, asistirán os venres entre as 16:15 e 17:15 horas.

O taller de francés contará con dúas quendas que se desenvolverán todos os martes. O primeiro grupo, “Lles minous”, con nenos de 5 a 7 anos, asistirá desde as 17:45 ás 18:45 horas, mentres que os maiores, “Lles matous”, de entre 8 e 11 anos, farano de 16:30 a 17:30 horas.

Do mesmo xeito que nos talleres de verán establécese un límite máximo de 2 solicitudes por persoa até completar as 10 prazas de cada un do cinco grupos. A reserva realizarase por orde de solicitude. Todos os interesados en recibir máis información ou formalizar a reserva nestes talleres, tanto de inverno como de verán, poderán facelo na Biblioteca Municipal Luís Seoane de Arcade en horario de 09:00 a 14:00 todos os días e os martes e xoves de 17:30 a 20:00 horas, no teléfono 986 700 291 e na dirección de correo electrónico biblioteca@soutomaior.com.

27 de xuño de 2014 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.