A Biblioteca de Verín acolle “Un Conto, unha Cultura”
Este xoves 26 de xuño, de 18 a 19.30 horas, terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Verín a iniciativa “Un conto, unha cultura”, promovida por este departamento así como polos Programas de Inclusión Social do Concello de Verín.
Esta iniciativa está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Durante a mesma darase lectura a contos de diversas culturas, co obxecto de amosar tradicións e maneiras de vivir que non son iguais as nosas, ademais de ensinarlles aos/ás menores participantes que, a pesar de esas diferencias, todos somos iguais. Esta actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín e dos Programas de Inclusión Social do Concello de Verín.
Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.











