A Biblioteca de Verín acolle a festa ‘O Libro da Selva’
Mañá 19 de xuño, de 17.30 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa lúdica ‘O Libro da Selva’,no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
A mesma está destinada aos/ás nenos/as que participaron de modo activo e regular nas 53 actividades de fomento á lectura organizadas por esta instalación municipal ao longo do curso escolar 2013-2014 (como contacontos e manualidades, presentacións literarias e culturais, exposicións ou relatorios, entre outras). Os/As menores participantes, que recibiron unha invitación particular no seu domicilio, teñen idades comprendidas entre os 3 e 9 anos e son socios/as da Biblioteca de Verín.
A iniciativa ‘O Libro da Selva’ é unha gymkana conformada por distintas probas, consistentes en manualidades, xogos e contos didácticos, coordinados por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.











