A BBT de Mos será peza fundamental da programación deportiva da Festa da Rosa 2014
O concelleiro de Deportes mosense, Isidoro Táboas, informou hoxe da vindeira celebración, con motivo das Festas da Rosa 2014, da BTT Concello de Mos, que terá lugar o domingo 15 de xuño con saída ás 09.30 horas dende o Pavillón Óscar Pereiro.
Os interesados en participar deberán incribirse o propio día da carreira no lugar de saída aboando unha cuota de inscrición de 5 euros. A apertura de inscricións realizarase ás 08.00 horas da mañá.
A dificultade do percorrido, que se iniciará e rematará no Pavillón Óscar Pereiro –sito nas Pozas, parroquia de Petelos- , é media-alta e a lonxitude do mesmo estará en torno ós 30 ou 32 kilómetros. A chegada estimada dos primeiros corredores será sobre as 13 horas.
A carreira transcorrerá polo Parque Empresarial Mos-Veigadaña e polos montes da parroquia de Mos e contará con avituallamento a metade de percorrido. Ó final da mesma os corredores disporán de duchas habilitadas nas instalacións deportivas do Pavillón, de zona de limpeza de bicicletas, entrega dun detalle por participación, aperitivo e sorteo de agasallos.











