A Banda Municipal de Música da Coruña inicia o ciclo ‘Xoves no Ágora’
A Concellaría de Cultura informa de que a Banda Municipal de Música da Coruña ofrecerá o seu primeiro concerto do ciclo ‘Xoves no Ágora’ no auditorio da Ágora o vindeiro xoves, 5 de xuño, a partir das 20.00 horas, con entrada libre.
A área municipal de Cultura tamén aproveita para informar de que o concerto dedicado á copla, programado para o 26 de xuño na Ágora, trasládase para o venres 27 de xuño, ás 20.00 horas, no Teatro Rosalía Castro. Achegar cartel.











