publicidade hoxe

A Baña comeza o Verán Voluntario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

O Concello da Baña inicia a próxima semana a súa programación para o verán. O Verán Voluntario 2014 na Baña conta cunha serie de actividades e aposta, según informa o propio Concello, “pola conciliación da vida laboral e familiar ofrecendo servizos ás familias durante os meses de xullo e agosto” dende as 9.00 ata as 14.30 horas de luns a venres.

O próximo martes, 1 de xullo, comenzará o Campamento lúdico-deportivo. Será na Área Recretiva Agra de Chans do 1 ao 31 de xullo. E de 9.00 a 14.00 horas. O día 1 de xullo tamén abrirá a piscina municipal. Funcionará ata o 7 de setembro. Os cursos de natación tamén comenzan o martes e irán ata o 31 de xullo en horario de 11.00 a 13.30 horas. Está destinado a nenos a partir dos catro anos. O curso de natación ten un prezo de 30 euros e o prazo para inscribirse remata o venres 27 de xuño na Concellería de Cultura.

A Baña contará este ano coa presenza dun importante número de voluntarios e voluntarias tanto por parte da Consellería de Traballo e Benestar, co Voluntariado galego, como por parte do Programa Juventud en Acción co Servizo de Voluntariado Europeo.

Pola súa banda, o xoves 3 de xullo estará instalada ao lado da piscina, na pista de tenis, a carpa Xplora Xuventude, onde se informarán de todas as oportunidades de ocio, formativas e laborais que hai para mozos e mozas galegos. Na piscina, ese mesmo día, tamén haberá unha xincana chamada Augalingua, con actividades para nenos de 6 a 12 anos promovida pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta.

O Concello da Baña tamén programou un Campamento Urbano para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Desenvolverase na Área Recreativa Agra de Chans do 1 ao 29 de agosto.

25 de xuño de 2014 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.