A aula de ecoloxía urbana de Ferrol organiza un obradoiro gratuíto de cosmética natural para adultos
A Aula de Ecoloxía Urbana (AEU) do Concello de Ferrol, organiza os vindeiros días 5 e 6 de xullo un obradoiro de cosmética natural dirixido a adultos. Nesta actividade, que se desenvolverá de 17 a 19 horas, os participantes realizarán un bálsamo para os beizos, un xampú de herbas e outro de aclaración.
O obradoiro é gratuíto, o único que deberán levar os asistentes é: dúas culleradas sopeiras de mel, unha culler, un frasco de vidro de 250 mililitros ou máis, unha botella de plástico de 330 mililitros ou máis e outra de polo menos un litro, e un pegamento líquido de contacto. O resto dos materiais necesarios se facilitarán na Aula de Ecoloxía Urbana. Para apuntarse no obradoiro de cosmética natural e obter máis información os interesados poderán consultar a páxina web: www.facebook.es/aeuferrol, enviar un correo electrónico a: aeuferrol@mundo-r.com ou chamar ao teléfono: 981 94 42 22. O prazo límite de inscrición remata o vindeiro xoves, día 3 de xullo.











