A aula CeMIT de Verín acolle dez novas accións formativas
Durante o mes de xuño (mes da nube), a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará dez novos cursos formativos para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías.
Os cursos que terán lugar son: administración electrónica, ferramentas na nube, compras seguras, cloud computing, sincronización dos dispositivos, administración electrónica, Internet, correo electrónico, documentos on-line e presentacións on-line. Os mesmos serven de continuación aos realizados nos últimos meses que foron de Internet, correo electrónico, DNI electrónico, opera co teu banco, alfabetización (iniciación, Internet, correo electrónico), redes sociais (Facebook, ferramenta na nube Google App, iniciación, Internet), ofimática (procesador de textos, folla de cálculo), e retoque fotográfico (presentacións gráficas).
A esta programación súmase as seguintes actividades das entidades colaboradoras: acción formativa ‘O blog como ferramenta de comunicación’ (Antena Local de Verín, do 9 ao 12 de xuño, de 20 a 22 horas), así como en colaboración co Programa Voluntariado Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia Amtega, impartiranse por videoconferencia durante 4 tardes dos meses de xuño e xullo os módulos de Inserción laboral e recrutamento 2.0. (19 e 20 de xuño), Estratexias de comunicación 2.0 (26 e 27 de xuño), Innovación social. experiencias prácticas (3 e 4 de xullo) e Coaching para a transformación social (10 e 11 de xullo). A inscrición debe realizarse en http://www.voluntariadogalego.org/)
Debido á impartición dun curso AFD (Accións Formativas dirixidas prioritariamente a Persoas Desempregadas), en horario de mañá, as actividades de aula aberta e videoconferencias da CNTG (Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia) quedan suspendidas.
O obxectivo da Rede CeMIT é o de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a fenda dixital se fai máis evidente, impulsando, potenciando e difundo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación da cidadanía galega. Todas as persoas interesadas en participar nestes cursos e seminarios deben realizar a súa inscrición na Aula CeMIT de Verín ou tamén na web da Rede CeMIT. Para máis información dirixirse a Aula CeMIT do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal, nº 11, andar 1- porta 11 ou no correo electrónicos: cemit.verin@xunta.es.











