A asociación mosense Nosa Terra de Pereiras organiza unha viaxe a Port Aventura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A Asociación de Veciños Nosa Terra, está a organizar unha excursión a PortAventura. A viaxe realizarase nas datas do 24 ao 27 de xullo.

O último día para inscribirse será o 23 de xuño, non puidendo inscribirse pasada esta data. Os interesados en participar na viaxe ou obter máis información sobre a mesma poden dirixirse ó teléfono 638 988 710 (preferiblemente polas tardes) ou escribir ó enderezo de correo avvnosaterra@yahoo.es

O prezo da actividade é de 299 euros para os adultos e de 269 euros para os nenos de ata 18 anos de idade. Os participantes non socios de Nosa Terra de Pereiras deberán aboar 20 euros a maiores sobre estas cantidades.

A viaxe inclúe desprazamento en autobús ata Salou e regreso, comidas en ruta, tres noites en hotel de tres estrelas en réxime de aloxamento e almorzo e entradas para dous días en PortAventura e Costa Caribe Aquatic Park.

9 de xuño de 2014 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.