A Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras celebrará a súa Festa Popular cunha ampla programación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O sábado pola noite actuarán o Playback da A.V.V. Celado de Cela e o grupo humorístico “Moito Morro”. Xa o domingo, o día grande, pola mañá a festa estará amenizada pola charanga “Rouba Bicos” e xusto antes do xantar campestre estarán os grupos folclóricos Nosa Terra de Pereiras e Follas Novas de Guizán. Pola tarde terá lugar un festival folclórico que rematará co grupo Os Silandeiros da Escola de Música de Mos.

Durante todo o día o público poderá disfrutar dunha feira artesanal.

Encadrado no programa da XXXII Festa Popular, o luns 23 de xuño, como peche da programación, haberá unha gran cacharela que se prenderá ás 00.00 horas da Noite de San Xoán.

19 de xuño de 2014 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.