publicidade hoxe

A asociación de produtores de castaña Conso-Frieiras amplía o territorio de actuación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GudiñaA MezquitaLocal PortadaOurenseRiósVilariño de Conso
A-
A+

A Asociación de produtores de Castaña de Conso-Frieiras vén de aprobar o plano de actuación para a campaña 2014-2015.

Como novidades cómpre sinalar a ampliación do territorio de actuación da mesma para acoller a aqueles produtores do Concello de Vilardevós que así o soliciten. Ata o de agora só podían ser membros os produtores de castaña dos concellos da Gudiña, A Mezquita, Riós  e Vilariño de Conso.

Nesta campaña a loita contra as pragas e doenzas dos soutos segue a ser prioridade. Preténdese realizar un plan específico de prevención de tinta, dar continuidade á colaboración coa Consellería de Medio Rural no plan experimental de tratamento do cancro con cepas hipovirulentas do fungo e acometer o inicio dun programa de estudo sobre a influencia das poboacións de quirópteros (morcegos) nas densidades de catro especies de insectos parasitos da castaña.

Por outra banda comezarase unha xeira de reunións da xunta directiva da asociación cos responsables das distintas administracións nas que se solicitará un maior apoio para un sector con tan boas perspectivas de futuro.

24 de xuño de 2014 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.