A asociación de mulleres rurais pro saúde mental ‘A Creba’ realiza unha visita a Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Este domingo un grupo de persoas da Asociación Pro Saúde Mental ‘A Creba’ da comarca do Barbanza realizaron unha visita guiada gratuíta pola vila de Cangas ofrecida polo servizo municipal de turismo. O percorrido, de case unha hora de duración, permitiu aos asistentes coñecer de preto o rico patrimonio histórico e artístico da localidade. A Capela do Hospital, a ex-colexiata de Santiago, a Alameda Vella ou o casco histórico son algún dos lugares onde se detiveron. Esta visita turística súmase ao programa de actividades deste colectivo, composto por 120 socios composto de charlas, cursos ou xuntanzas entre outros.

19 de xuño de 2014 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.