publicidade hoxe

A Asociación Cultural Saiñas de Xove segue acada un novo éxito nos concursos de baile tradicional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaXove
A-
A+

O pasado domingo día 22 de xuño o grupo Saiñas desprazouse ata A Coruña para participar no “XXXIV Concurso de Xacarandaina de Baile Tradicional”, o resultado non podía ser mellor xa que se obtivo o primeiro posto na categoría C (maiores de 17 anos), esta agrupación competía contra un total de 9 asociacións, algunhas moi ben coñecidas no mundo do baile e da música tradicional galega como son Cantigas e Agarimos de Santiago, Os Muíños de Oliveira, así como tamén dous grupos da propia Asociación Cultural Xacarandaina.

Con este novo éxito, Saiñas está amosando o gran momento polo que está pasando esta asociación, actualmente conta con arredor de 80 socios entre bailadores-as, músicos, e pandereteiras-os.

Coa obtención deste novo premio demostran a grande calidade dos seus bailaríns-as froito de moitos anos de traballo por parte de todos os que compoñen esta enorme familia e que ao longo de todo o ano organiza e participan en numerosas actuacións tanto na propia como en veciñas Comunidades Autónomas.

25 de xuño de 2014 | 13:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.