publicidade hoxe

A Asociación Amigos das Palmeiras dá a coñecer os traballos dos seus alumnos en Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A Casa das Palmeiras de Neda acollerá a próxima semana nova exposición. Así, a partir do vindeiro martes, 24 de xuño, a Asociación de Amigos das Palmeiras exhibe os traballos realizados polos seus alumnos e alumnas durante o curso nas clases de pintura e debuxo que, todas as semanas, se celebraron para nenos e maiores no citado centro cultural nedense. Deceas de obras, en diferentes técnicas, creadas por rapaces dende os cinco anos en adiante. Con entrada libre e gratuíta, poderá visitarse ata o venres, 27 de xuño, en horario de tarde, de 19 a 21 horas.

18 de xuño de 2014 | 11:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.