A ANPA “Fendestestas” recada máis de 5.000 euros para doar alimentos á despensa municipal
A Despensa de Alimentos Municipal recibirá centos de quilos de comida da Asociación de Pais Fendestestas do Colexio Wenceslao de Cambre, que tras realzou un mercadillo solidario e recadou máis de 5.000 euros que investirán nunha comopra de comida para doar á Despensa Municipal de Alimentos. Os escolares doaron decenas de artigos para levar a cabo o mercado solidario que, segundo os pais, foi un rotundo éxito. Segundo a concelleira de Servizos Sociais e Educación, María Jesús González Roel, están a sumarse moitos colectivos sociais de todo o municipio a esta causa, “e este xesto da ANPA de Cambre é unha proba máis da solidariedad e o compromiso deste pobo, estámoslle profundamente agradecidos”. González Roel asegura que este tipo de axudas son moi necesarias xa que os usuarios da despensa aumentaron desde o inicio da crise. “Quero agradecer á os pais dos alumnos do Wenceslao este xesto que tiveron cos usuarios da Despensa e tamén lembrar o labor exemplar dos voluntarios que traballan de forma altruísta na despensa”, apuntou.











