30 obras pictóricas e 10 esculturas de artistas na XXI Bienal Arte no Morrazo
Esta tarde presentouse o catálogo das obras participantes na “XXI Bienal Arte no Morrazo” organizada polo Concello de Cangas a través da concellería de Cultura e a empresa Frigoríficos del Morrazo coa colaboración da Facultade de Belas Artes da Universidade de Pontevedra.
No acto estiveron presentes o concelleiro de Cultura José Luis Gestido, o responsable de Arte de o concello Camilo Camaño e unha representante da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Este certame artístico está considerado como un dos eventos culturais máis importantes do municipio xa que dende fai máis de vinte anos converte a Cangas nun referente ao contar coa participación de artistas de gran renome a nivel internacional ademais de artistas noveles.
Como novidade este ano, o primeiro no que “Arte no Morrazo” se presenta de forma bienal, os interesados en participar neste certame tiveron a posibilidade de presentar as súas candidaturas por vía electrónica achegando bocetos das súas obras e o seu currículo. Isto propiciou un gran incremento no número das inscricións, que foi de varios milleiros. “ Para os artistas é moito máis doado xa que non teñen que enviar fisicamente as súas obras ao menos que sexan seleccionados para a fase final” explicou Camaño.
Outro dos aspectos novidosos e que a partir desta edición establecerase un número máximo de obras que poden ser seleccionadas para entrar a formar parte da exposición e oprtar a un dos catro premios finais. A mostra estará formada por un máximo de 30 obras pictóricas e 10 esculturas.
Mañá venres día 6 se xuño ás 20:00 horas celebrarase o acto inaugural da exposición no Auditorio Municipal, que estará aberta ao público ata o vindeiro 18 de xullo día no que se terá lugar o acto de clausura e se fallarán os tres premios valorados en 3,000 euros e o premio “beca” concecido gracias ao convenio co Universidade de Vigo que permitirá ao gañador/a poder estudar un posgrao na Facultade de Belas Artes de Pontevedra puidendo así continuar coa súa formación artística.
O responsable de Arte Camilo Camaño quixo destacar a gran calidade artística das obras presentadas, que pertencen a todo tipo de xéneros, e sinalou a dificultade do proceso de selección “foi un proceso moi complexo, presentáronse miles de obras”.
Pola súa parte o concelleiro de Cultura José Luis Gestido agradeceu aos membros do xurado do que é presidente, composto polo decano da Facultade de Belas Artes de Pontevedra Juan Carlos Meana, o doutor en Historia da Arte Alfonso Fenrnández, a representante de Frigoríficos del Morrazo Sonia Barreiro, o director do Auditorio Municipal Juan José Pérez e Camilo Camaño como secretario e comisario; o esforzo realizado na selección das obras. Así mesmo aproveitou para destacar a gran importancia cultural que este evento ten para Cangas e invitou a todos os veciños e veciñas do municipio a ver esta exposición durante as próximas semanas.











