176 maiores de Brión participaron na excursión á Costa da Morte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

Un total de 176 maiores de Brión participaron onte domingo na tradicional excursión da terceira idade, que cada ano organiza o Concello de Brión e que este ano tivo como destino a Costa da Morte. Os 176 participantes son veciños/as de Brión, maiores de 60 anos ou pensionistas maiores de 55 anos, que saíron ás 8 da mañá das súas parroquias con destino a Muxía, onde fixeron unha visita á contorna do santuario da Virxe da Barca e á vila muxián.

Posteriormente, a expedición trasladouse ata Camariñas, onde disfrutaron das agrestes paisaxes do Cabo Vilán e da artesanía da camariñán. De camiño ao xantar en Vimianzo, a expedición fixo un pequeno desvío para coñecer o Museo do Alemán, en Camelle. O xantar tivo lugar no restaurante “A Lagoa” (Vimianzo), que incluíu tamén un baile de sobremesa. media tarde, e xa iniciando o camiño de volta a Brión, a expedición fixo unha última parada en Dumbría, onde visitaron a fermosa fervenza do Ézaro, a única de Europa que cae sobre o mar.

 

9 de xuño de 2014 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.