publicidade hoxe

XXI Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesXove
A-
A+
Participantes no certame

Participantes no certame

O pasado sábado 10 de maio tivo lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXIº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, deu comezo ás 17:00 horas coa presencia de 6 equipos: as Escolas Municipais de: Xove, Vilalba e Outeiro de Rei, a E.X. Porta Norte de Burela/Ribadeo/Viveiro, o C. Filigrana de Lugo e o C. Violeta de Baamonde, con 230 ximnastas en competición. Perto de 500 persoas abarrotaron o Pavillón Municipal.

O Torneo, como é preceptivo, comezou antes da hora citada co quecemento e paso previo polo tapiz de tódalas participantes. Ás 17:00 horas abreuse a competición.

Dentro dos resultados obtidos pola Escola Municipal de Xove, salientamos:

-Categoría baby: 2º clasificado:

-Categoría alevín: 2º clasificado.

-Cateogría cadete: 1º clasificado.

-Categoría senior: 2º clasificado.

Rematou o Torneo coa entrega de medallas trofeos aos gañadores, acto presidio polo Alcalde Demetrio Salgueiro, que estivo acompañado pola Concelleira de Deportes Cristina Iglesias e outras autoridades.

12 de maio de 2014 | 12:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.