publicidade hoxe

XV Festa do Tenis escolar en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Este sábado o Club de Tenis Cangas coa colaboración da Fundación Cangas Deporte pechará o programa de Escolas Deportivas Municipais coa celebración da XV Festa do Tenis Escolar na que participarán os nenos e nenas participantes no programa de deporte escolar xunto cos deportistas da entidade deportiva canguesa con idades comprendidas entre os 5 anos 13 anos. A cita comezará ás 9.30 horas no Pavillón Municipal de San Roque coa realización dunha liguilla inicial que será precedida por varias fases eliminatorias, “de tal xeito que cada rapaz ou rapaza xogue como mínimo cinco partidos ao longo de toda a xornada” resaltan dende a organización. Haberá tres categorías atendendo aos diferentes cursos: unha para os tenistas de 1º e 2º de primaria que xogarán en mida pista, outra para os escolares de 3º e 4º de primaria que xogarán nas tres cuartas partes da pista e por último os maiores de 5º e 6º de primaria que no seu caso competirán en pista completa. Como peche haberá a entrega de premios ás 14.30 horas onde ademais de premiar aos primeiros en cada categoría cada participante recibirá un agasallo de recordo.

29 de maio de 2014 | 20:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.