Xornadas explicativas na 4ª Edición da Campaña Promocional de “Come o Mar” de Mar Galaica
Con motivo da 4ª Edición da Campaña Promocional de “Come o Mar” de Mar Galaica, o Grupo de Acción Costeira 3 – Costa da Morte organiza unhas xornadas explicativas dirixidas a todos aqueles establecementos de hostelería, de aloxamento ou empresas/asociacións de turismo mariñeiro, interesados en formar parte da Campaña Promocional, que cumpran os requisitos de participación.
As xornadas terán lugar o venres 16 de maio ás 10:30 h. no Edificio Forum Carballo do Concello de Carballo e o mesmo día ás 17:00 h. no Hotel “a de Loló” do Concello de Muxía.
Nestas xornadas explicarase a finalidade de Mar Galaica Turismo Mariñeiro, o funcionamento da Campaña Come o Mar e farase un breve obradoiro de cociña sobre diferentes ideas en canto a materia prima a empregar e a presentación, tanto dos menús mariñeiros coma das tapas mariñeiras.