Xornada informativa sobre Coruña Smart City

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña informa de que o equipo de Coruña Smart City levará o proxecto aos mozos universitarios. A cita será mañá, mércores 7 de maio, de 11.30 a 13.30 horas, na Facultade de Informática da Coruña, onde terá lugar unha xornada informativa para contar todos os detalles tecnolóxicos do proxecto. A xornada está dirixida a mozos universitarios e emprendedores, interesados no funcionamento tecnolóxico da plataforma de Coruña Smart City, así como nas oportunidades de desenvolvemento que esta ofrece.

Abrirá cunha presentación global sobre Coruña Smart City e os proxectos piloto asociados. Posteriormente, haberá unha charla máis detallada sobre a arquitectura da plataforma e as tecnoloxías asociadas como Big Data, Open Data, Visualización avanzada 3D ou Business Inteligence, entre outras. Tamén se falará de como experimentar coa plataforma e das oportunidades creativas que esta xera.

Para finalizar a xornada, daranse detalles sobre o evento Smart Weekend, un fin de semana tecnolóxico de lecer e desenvolvemento, con 500 postos de rede e unha conexión de alta velocidade por cortesía de R, no que haberá distintas actividades como son a smart_Lan, un formato habitual de Lan-Party; smart_Dev un concurso de retos expostos por empresas para que os desarrolladores deseñen solucións durante o fin de semana, e moito máis.

O proxecto Coruña Smart City nace en xullo de 2011 mediante a firma dun convenio entre o Concello co Ministerio de Economía e Competitividade. Conta cun importe global de 11,5 millóns de euros e está cofinanciado ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Operativo de I+D+I por e para o beneficio das empresas – Fondo Tecnolóxico.

Desde a súa posta en marcha, o proxecto recibiu importantes recoñecementos como o de Mellor iniciativa dunha administración,por parte dos Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia; pero tamén por parte do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia; o recoñecemento da Fundación Dintel; a declaración como Cidade da Ciencia e a Innovación; o premio Contratos e Proxectos Smart City 2014 na categoría Xestión Integrada, convocado pola Fundación Socinfo e revístaa Sociedade da Información; ou ser elixida 1 das 6 finalistas de entre as 200 iniciativas presentadas, na categoría de proxectos dos World Smart Cities Awards, consolidando A Coruña como unha cidade referente do noroeste español.

6 de maio de 2014 | 12:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.