XIII Premio de Narración Curta “Concello de Marín”
No Museo Municipal M. Torres, as 20,30 horas do día 05.05.2014, reuniuse o xurado avaliador para abrir os traballos que achegaron ao Concello para participar neste premio. Comprobouse se os traballos reunían as condicións esixidas na convocatoria, como son a forma de presentación, extensión, lingua empregada, etc. E procedeuse a súa apertura, deixando as plicas dentro de cada un dos sobre ata o fallo do xurado.
Este ano houbo unha gran participación de traballos de narración, moitos deles procedentes de diversas capitais a nivel nacional, polo que se desprende que a difusión do premio foi boa e animou aos escritores a presentarse a este XIII Premio de Narración que se mantén no tempo e ao que se lle está dando un verdadeiro pulo para que, tanto nesta edición como en futuras, sega medrando en calidade e participación.
Os traballos presentados foron os seguintes:
1 – Terraza de fora – A pluma peregrina da ave zamán
2 – Monte da Koa – O amor conleva risco
3 – Raíces – Raíces
4 – Debuxo da pedra – Debuxo da pedra
5 – Azarela – Ensalada no serán
6 – Vaiche nordés na costa – As cousas segundo como se entendan
7 – Chirleu – A balea e Lucía
8 – Sergude – Alopecias nas paredes
9 – Nun mundo entre a solidaridade e a hipocresía – A hostia amarga
10 – Serpe – Un conto de verán
11 – Na quietude máis fonda desta noite – Os recordos durmidos
12 – Orballo de outono – Unha difícil decisión
13 – Gertur Dreyer – Somos da terra, paisaxes por descubrir
14 – O enxeñeiro – O enxeñeiro
15 – Dúas linguas – Non cumpre as bases
16 – Paxaro azul – Onde nace o silencio
17 – Plateado – Plateado











