XI Reunión de Mulleres Rurais de Vila de Cruces
O domingo, 1 de xuño de 2014, terá lugar a XI Reunión de Mulleres Rurais de Vila de Cruces. Será no local social de Loño. O prazo para anotarse termina o día 28 de maio e ten un prezo de 15 €, que haberá que abonar no momento da inscrición. Para inscribirse pódese facelo no Concello ou nas distintas asociacións de mulleres.
Haberá autobús para todas aquelas mulleres que o desexen e comunicarase a ruta unha vez terminado o prazo de inscrición. A reunión empezará ás 13:30 horas e ao termo da comida haberá baile.











