publicidade hoxe

X Xornadas Interculturais de Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Muller, xunto coa Concellería de Cultura, Educación, Patrrimonio, Xuventude e Voluntariado Igualdade e Xuventude e Voluntariado , unimos esforzos, coma noutras ocasións para organizar as X Xornadas Interculturais  nos meses de abril e maio baixo o lema de “Crecendo na diversidade”.

Estas xornadas coma ben sendo habitual, aséntanse en tres aspectos fundamentais:                          

– A interculturalidade supón o encontro respectuoso entre diferentes culturas compartindo as igualdades e enriquecemdose das diferencias, para evolucionar como sociedade.

– Segundo a UNESCO, “a cultura debe ser considerada como o conxunto dos rasgos distintivos espirituais e materiais,iontelectuais e afectivos, que caracterizan a unha sociedade ou a un grupo social e que abarca ademáis das artes e as letras , os modos de vida, os sistemas de valores, as tradicións e as crenzas “.

– Respeto da diversidade das culturas, a tolerancia, o diálogo e a cooperación, nun clima de confianza e de entendemento mutuos fainos crecer como individuos e como grupo.

Como colofón das actividades realizadas ata de agora nestas Xornadas organizamos o próximo 31 de maio a partires das 18:00 horas na Alameda Vella de Cangas a “Festa Intercultural” que se desenvolverá co seguinte programa:

X FESTA INTERCULTURAL  31 maio na Alameda vella de Cangas

18:00 Apertura

18:00 Actuación grupo de danza oriental da Escola de Margarita Outeiral

18:30 Actuación do grupo de Obradoiro de maiores de baile do Concello de Cangas

19:00   Ciclobiblioteca e contacontos con Anxo Moure

20:00   Grupo de percusión étnica do Conservatorio Profesional de Música de Cangas e da Escola Municipal Mestre Inocentes Camaño

20:30   As Maimiñas presenta o seu espectáculo “Unha viaxe polo mundo”.

Durante toda a xornada en horario continuo poderas amosar a túa solidaridade deixando as túas mensaxes no mural solidario, e colaborando cos postos de información, artesanía, comercio xusto…

 

28 de maio de 2014 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.