X Campus de Verán do Santiago Futsal
Hoxe mesmo ábrese o prazo para asistir ao X Campus de Verán do Santiago Futsal que esta tempada conta coa particularidade de celebrarse a semana do 16 ao 20 de Xuño en horario exclusivo de tarde, de 16h a 20h.
Como cada ano, estará aberto a todos os nenos e nenas entre 6 e 12 anos, que queiran gozar do fútbol sala, pero contará ademais con outras actividades de lecer, convivencia, e como na última edición, será bilingüe. Realizaranse tamén as tradicionais visitas dos xogadores do Santiago Futsal.
Para apuntarse a esta décima edición do Campus de Verán, poderá realizarse acudindo ás oficinas do club, chamando ao 981115038 ou mandando un correo electrónico a administracion@santiagofutsal.com. Outra das novidades é o incrible prezo desta semana de fútbol sala e é que todos os nenos que formen parte das categorías inferiores do club poderán vir a este Campus por só 40€, sendo o prezo de 50€ para o resto de nenos e nenas.
Resultados das categorías inferiores do Santiago Futsal (17 e 18 de Maio)
Este fin de semana disputáronse só 4 partidos dos equipos de base do Santiago Futsal, que disputaron eliminatorias de Copa. O equipo feminino B di adeus á tempada tras un dos seus mellores partidos no que rematou perdendo 2-3, pero mostrando sempre o espírito de loita ata o final. Ata en dúas ocasións igualou o marcador, dispoñendo de ocasións para poñerse por diante, pero despois de defender durante todo o partido o ataque de 5, encaixouse o definitivo gol sen case tempo para reaccionar.
Cadete Local
Santiago Futsal IES Fontiñas Cadete B 2-2 SD Touro
Cría Local
Santiago Futsal IES Fontiñas Alevín A 2-3 Milladoiro A
Prebenxamín Local
Santiago Futsal IES Fontiñas Prebenjamín 2º 1-10 Victoria CF A
Liga Feminina Local
Santiago Futsal A Gaiola B 2-3 CD Don Froitos











