Volve a música á noite do venres en Cangas de mans de “Black Trails”

Black Trails
Volve a música á noite do venres, nesta ocasión coa banda de Hard Rock “Black Trails”, que actuará mañá a partir das 22.30 horas na sala Tempo dentro do programa do Directo Xove 2014.
Este grupo, integrado por cinco membros Dani (voz), Kimi( guitarra), Leo (guitarra), Miguel (baixo) e Raúl (batería), comezou a súa andaina a principios deste ano no veciño concello de Bueu e decidíronse a participar no Directo Xove 2014 xa que “ é unha boa oportunidade para darnos a coñecer e poder tocar en directo” afirma o Dani, cantante da banda.
Todos eles teñen xa experiencia no mundo da música xa que formábana parte doutras formacións, pero finalmente decidiron “ xuntar o mellor de cada un e crear un estilo propio”. No concerto de mañá ofrecerán 12 temas propios, 3 versións e algunha que outra sorpresa, sempre dentro do estilo Hard Rock, rock potente con algunha que outra balada con ritmos contundentes.
Os compoñentes de “Black Trails” están xa traballando no seu primeiro traballo con medios propios pero esperan poder facer algo máis profesional nun futuro.











