Vinte veciños de Oroso reciben os seus carnés de manipulador de alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

Os concelleiros de Economía, Xaime Carneiro, e de Sanidade, María del Carmen Liste, fixeron entrega dos seus respectivos carnés de manipulador de alimentos aos vinte veciños e veciñas de Oroso que superaron o curso homologado pola Dirección Xeral de Saúde Pública e celebrado no centro cultural de Sigüeiro. Antes da entrega dos diplomas acreditativos, Xaime Carneiro felicitou aos alumnos e desexoulles “que esta formación vos serva para poder conseguir un traballo ben nunha empresa do sector alimentario ou na hostalería”.

O curso, de tres horas de duración, dotou a estes veciños das destrezas e os coñecementos precisos para unha correcta manipulación de alimentos. Así mesmo, coñeceron as técnicas máis axeitadas de hixiene e de salubridade alimentaria, dende como almacenar correctamente os alimentos a como evitar calquera tipo de contaminación.

8 de maio de 2014 | 13:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.