Vilagarcía acolle a final galega do taekwondo escolar na modalidade de exhibición

Este sábado 31 de maio celebrarase en Vilagarcía (Pavillón de Fontecarmoa) a final galega do taekwondo escolar na modalidade de exhibición, categorías infantil e cadete. Para esta final clasificouse o 50 por cento mellor clasificado nas fases provinciais e ademais, está en xogo a participación no Campionato de España cadete.

No Galego cadete participarán un total de 14 equipos (Tao A, B e C; Mace A e B; Olimpic A e B; Trabazos; Yidam CEIP Balaídos; Jansu; Moo Duk Kwan; Escola Lucense de Taekwondo; Han´s Horang I e Couto), mentres que o infantil contará coa presenza de 18 equipos (Patiño Moaña A, B, C; Tao A e B; Natural Sada A e B; Hebe; Han´s Horang I; Olimpic; Arte e Movemento; Jansu; Sares TKD; Couto; Mace Sport; Escola Lucense de Taekwondo; Yidam-CEIP Balaídos e Trabazos Zone).

Cada equipo está composto por entre 6 e 9 integrantes. Na exhibición preséntase un programa coreográfico con música, na que se combinan movementos, defensa persoal e acrobacias.

Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo. Desta forma, a organización é responsabilidade dos diferentes servizos provinciais en colaboración coa Federación e clubs nos que se delega.

Concentración cadete. Aproveitando a celebración do Galego escolar de exhibición, celebrarase unha concentración da selección galega cadete, que está a preparar o Campionato de España. O adestramento celebrarase en Fontecarmoa de 16 a 18 horas, co obxectivo de chegar nas mellores condicións posibles ao campionato estatal que se celebrará o día 14 de xuño en Castellón.

Ademais, tamén se concentra a selección sub 21, preparatorio para o Campionato de España, pero nesta ocasión o equipo adestrará no Pavillón do IES número 1 de Riveira. O equipo feminino adestrará de 16 a 17:30 horas, mentres que o masculino estará de 17:30 a 19:00 horas.

29 de maio de 2014 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.