publicidade hoxe

Vila Nova de Cerveira e Tomiño acollerán unha fin de semana saudable

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

Na fin de semana do 24/25 de maio terán lugar dúas actividades nos concellos de Vila Nova de Cerveira e Tomiño.

Unha fitness no parque saudable será a actividade a realizarse en Vila Nova de Cerveira no “Parque de Lazer do Castelinho” o sábado 24 ás 17:00h (horas españolas)onde teremos a oportunidade de faer exercicios moi beneficiosos para o noso corpo mentres contemplamos as marxes do río Miño.

A outra actividade será en Tomiño no lugar “Fortaleza de Goián” o domingo 25 ás 12:00h e tratarase dunha Master class de Taichí a cal nos permitirá disfrutar dunhas maravillosas vistas mentres se realizan movementos lentos e fluidos a vez que faremos que a nosa mente e corpo se relaxen.

Estas actividadesse encadran dentro do proxecto “Eurorrexión Activa: vida saudable nos concellos da raia”, que conta cunha ampla axenda de actividades saudables para realizar dende o mes de maio e ata agosto, totalmente gratuitas. Así, haberá andainas saudables, diversas ‘master class’, fitness nos parques saudables, paseos de BTT e diferentes conferencias en torno ao deporte e os beneficios do exercicio físico sobre a saúde. Trátase dun proxecto financiado con fondos europeos que busca, a través da cooperación intermunicipal, promover hábitos de vida activa dende a  infancia ata a vellez, traballando conxuntamente por un envellecemento máis activo e saudable. 

Con esta serie de accións preténdese que a poboación galega e portuguesa incorpore a actividade física ao seu día a día. A dose mínima de exercicio para un bo estado de saúde segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) é de 60minutos ao día para os menores de idade e de 30 minutos ao día para os maiores de idade e con este tipo de actividades preténdese divulgar esta práctica.

26 de maio de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.